Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Venres, 14 de outubro de 2016 Páx. 46786

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 5 de outubro de 2016, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, convocado pola Orde do 15 de xuño de 2015 (Diario Oficial de Galicia número 114, do 18 de xuño), modificada pola Orde do 12 de novembro de 2015 (Diario Oficial de Galicia número 220, do 18 de novembro), pola que se resolven as alegacións presentadas ás notas do primeiro exercicio da fase de oposición.

En sesión que tivo lugar o día 5 de outubro de 2016, o tribunal nomeado pola Orde do 19 de maio de 2016 (DOG número 100, do 27 de maio), modificada pola Orde do 7 de setembro de 2016 (DOG número 172, do 9 de setembro), encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, adoptou os seguintes acordos:

Primeiro. Modificar, baseándose nas alegacións presentadas, a puntuación obtida no primeiro exercicio do proceso selectivo dun opositor, que queda como segue:

DNI

Apelidos e nome

Puntuación

34628854P

Palanca Pérez, David

10,86

Segundo. Realizar os trámites oportunos para a publicación destes acordos no lugar onde se realizou o exercicio, no taboleiro de anuncios do Rexistro Xeral e Información á Cidadanía da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e no portal web corporativo (funcionpublica.xunta.gal) da Xunta de Galicia.

Terceiro. De conformidade co disposto na base III.13 da orde da convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda nos termos previstos no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 5 de outubro de 2016

Óscar Javier Ponte Estévez
Presidente do tribunal