Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Venres, 14 de outubro de 2016 Páx. 46787

IV. Oposicións e concursos

Consello Consultivo de Galicia

RESOLUCIÓN do 10 de outubro de 2016 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante neste organismo.

Mediante a Resolución do 29 de agosto de 2016, publicada no Diario Oficial de Galicia número 174, do 13 de setembro, anunciouse a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo vacante neste consello que se detalla no anexo desta resolución.

De conformidade coa Lei 3/2014, do 24 de abril, do Consello Consultivo de Galicia, co artigo 13.I) do Regulamento de organización e funcionamento do Consello Consultivo de Galicia, aprobado polo Decreto 91/2015, do 18 de xuño, co artigo 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e co Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, aprobado polo Decreto 93/1991, do 20 de marzo, esta presidencia

RESOLVE:

Primeiro. Adxudicarlle destino, no posto de traballo que se indica, á persoa funcionaria, cuxos datos se sinalan no anexo desta resolución, seleccionada conforme ao establecido nas bases da convocatoria realizada pola Resolución do 29 de agosto de 2016 e á vista do contido do expediente tramitado para tal fin.

Segundo. O cesamento no actual destino da persoa funcionaria que obtivo praza efectuarase, de conformidade co establecido nos artigos 14 e 16.2 do Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, aprobado polo Decreto 93/1991, do 20 de marzo, no prazo de tres (3) días contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se a resolución comporta o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión deberá computarse desde a dita data.

Se na data en que debe cesar no seu actual destino a persoa funcionaria está gozando dun período de licenza ou permiso, o prazo para efectualo empezará a contar a partir do día seguinte ao da súa incorporación.

A toma de posesión da praza adxudicada deberase realizar no prazo de tres (3) días hábiles seguintes ao do cesamento, se non implica cambio de residencia, ou no prazo de sete (7) días hábiles se comporta cambio de residencia. Cando a persoa adxudicataria do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será de vinte (20) días hábiles.

Con independencia do establecido no parágrafo anterior, a persoa titular da Presidencia do Consello Consultivo de Galicia poderá conceder unha prórroga de incorporación ata un máximo de vinte (20) días hábiles, se o destino implica cambio de residencia e así o solicitase a persoa interesada por razóns xustificadas.

Terceiro. A xefatura de persoal do centro onde cause baixa a persoa funcionaria, así como a daquel en que obteña destino, efectuarán, dentro dos prazos sinalados no punto anterior, as dilixencias de cesamento e de toma de posesión, das cales se dará traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública.

Cuarto. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante a Presidencia do Consello Consultivo de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, perante o xulgado do contencioso-administrativo competente, conforme os artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 10 de outubro de 2016

José Luis Costa Pillado
Presidente do Consello Consultivo de Galicia

ANEXO

Apelidos e nome: González Conde, Yolanda.

NRP: 3329942446 A2059.

Subgrupo: C2.

Corpo ou escala: auxiliar da Administración da Xunta de Galicia.

Denominación do posto: secretario/a do/a conselleiro/a.

Código de posto: CCG 040.

Nivel: 20.

Centro directivo ou dependencia: Consello Consultivo de Galicia.

Localidade: Santiago de Compostela.