Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Xoves, 13 de outubro de 2016 Páx. 46733

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable

RESOLUCIÓN do 27 de setembro de 2016 pola que se anuncia a formalización do contrato de subministración de equipamento de servidores, cofinanciado con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020, mediante tramitación documentalmente simplificada.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (Cixtec).

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Xestión Económica e Réxime Interno do Cixtec.

c) Número de expediente: 2016-033.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.cixtec.es

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: subministracións.

b) Descrición do obxecto: subministración de equipamento de servidores, cofinanciado con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020, mediante tramitación documentalmente simplificada.

c) CPV: 48820000-8.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia.

e) Data de publicación do anuncio de licitación: 2.6.2016.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 190.000,00 euros.

5. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: 190.000,00 euros.

b) Importe total: 229.900,00 euros

6. Financiamento.

Esta contratación cofinánciase co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, obxectivo temático 2, prioridade de investimento 2.3, reforzo das aplicacións TIC para a administración electrónica, a aprendizaxe electrónica, a inclusión electrónica, a cultura electrónica e a sanidade electrónica; obxectivo 2.3.2, reforzar o e-goberno, e-cultura e a confianza no ámbito dixital, nun 20 % con cargo a fondos propios, da aplicación orzamentaria
06-A1-611A.626.0 do Cixtec.

7. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 16.9.2016.

b) Data de formalización do contrato: 20.9.2016.

c) Contratista: Inforhouse, S.L.

d) Importe ou canon de adxudicación. Importe neto: 156.900,00 euros. Importe total: 189.849,00 euros.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta máis vantaxosa unha vez aplicados os criterios de valoración recollidos no prego.

Santiago de Compostela, 27 de setembro de 2016

M. Mauro Fernández Dabouza
Director xeral do Centro Informático para a Xestión Tributaria,
Económico-Financeira e Contable