Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Xoves, 13 de outubro de 2016 Páx. 46736

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Consumo

ANUNCIO do 30 de setembro de 2016, do Servizo de Consumo de Lugo, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia nas segundas citacións 27R001-508-2016 e unha máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 en relación co artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e o artigo 114 da Lei 2/2012, do 28 de marzo, galega de protección xeral das persoas consumidoras e usuarios, logo de intentada a notificación persoal de acordo co disposto no citado artigo 59, sen que esta se puidese efectuar, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acto foi adoptado pola Inspección de Consumo de Lugo.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, ante o Servizo de Consumo de Lugo, con enderezo na ronda da Muralla, nº 70, Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Lugo, 30 de setembro de 2016

Manuel Ángel Barros González
Xefe do Servizo de Consumo de Lugo

ANEXO

Expedientes: 27R001-508-2016 e 27R001-911-2016.

Interesado: José Manuel Rodríguez Caballero (Caballero Motor).

CIF/NIF: 33309898X.

Acto notificado: segunda citación.