Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Xoves, 13 de outubro de 2016 Páx. 46731

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 28 de setembro de 2016 pola que se fai pública a formalización da contratación do servizo de desenvolvemento e dinamización de diversos espazos web da Xunta de Galicia (expediente 3/2016).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo de desenvolvemento e dinamización de diversos espazos web da Xunta de Galicia (expediente 3/2016).

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, DOUE e BOE.

e) Data de publicación do anuncio de licitación:

DOG: 16.12.2015.

DOUE: 15.12.2015.

BOE: 26.12.2015.

3. Tramitación e procedemento:

a) Procedemento: aberto harmonizado.

b) Tramitación: ordinaria.

4. Valor estimado do contrato: 634.076,04 €.

5. Orzamento base de licitación:

Lote 1: portal galiciaaberta.com (emigracion.xunta.es): orzamento total de licitación de 137.160,00 € (IVE incluído).

Lote 2: portal eidolocal.gal: orzamento total de licitación de 182.520,00 € (IVE incluído).

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación:

– Lote 1: 7.6.2016.

– Lote 2: 10.5.2016.

b) Data de formalización do contrato:

– Lote 1: 19.9.2016.

– Lote 2: 16.6.2016.

c) Contratista:

– Lote 1: Tecnologías Plexus, S.L.

– Lote 2: Atos Spain, S.A.

d) Importe de adxudicación:

– Lote 1: 113.251,16 € (IVE incluído).

– Lote 2: 147.864,42 € (IVE incluído).

Santiago de Compostela, 28 de setembro de 2016

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia