Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Xoves, 13 de outubro de 2016 Páx. 46729

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 26 de setembro de 2016 pola que se notifica a imposición dunha cuarta multa coercitiva, devolta polo servizo de Correos por resultar a súa destinataria ausente na repartición (expediente IU1/44/2011-D1).

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 6 de setembro de 2016, resolución pola que se impón unha cuarta multa coercitiva, derivada do expediente de reposición da legalidade urbanística IU1/44/2011 como consecuencia de incumprir o ordenado nas resolucións do 3 de agosto de 2012, 18 de marzo de 2013, 14 de outubro de 2013 e 10 de xuño de 2015, nas cales se ordena a demolición dunha ampliación da vivenda mediante a construción de tres edificacións anexas (denominadas construción 3, 4 e 5), realizadas sen autorización autonómica, na rúa Garduña, 22, Broño, parroquia de Maianca, no termo municipal de Oleiros, por resultaren incompatibles co ordenamento urbanístico vixente.

Ao non poderse realizar a notificación persoal da resolución a Amalia Parra Santamarina, mediante a presente cédula e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle ao interesado a dita resolución por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselle á interesada que o texto íntegro da resolución que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución, o interesado pode interpoñer recurso de reposición ante o director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación, ou ben, se non exerce o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, pode interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lle sirva de notificación á citada interesada en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 26 de setembro de 2016

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística