Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Xoves, 13 de outubro de 2016 Páx. 46670

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (1469/2016 M).

María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento de recurso de suplicación 1469/2016 seguido por instancia de José Antonio Añón Rodríguez contra Fogasa, Sumtec, S.L., General Panels, S.L., Puertas Blindex, S.L, Bianinver Sociedad de Inversiones, S.L., Admón. Concursal Sumtec (Fernández Obanza Carro) sobre despido disciplinario, se ditou a seguinte resolución:

Decidimos: estimando parcialmente o recurso de suplicación interposto por José Antonio Añón Rodríguez contra a Sentenza do 30 de novembro de 2015 do Xulgado do Social número 4 da Coruña, ditada en xuízo seguido por instancia do recorrente contra a entidade mercantil Sumtec, Sociedad Limitada, a súa administración concursal, a entidade mercantil Puertas Blindex, Sociedade Limitada, a entidade mercantil General Panels, Sociedade Limitada, e a entidade mercantil Bianinver Sociedad de Inversiones, Sociedade Limitada, con intervención do Fondo de Garantía Salarial, a sala anula parcialmente esta sentenza e acorda repoñer os autos ao momento de terse ditado para que, con liberdade de criterio e asumindo a competencia propia, se resolva a acción de reclamación de cantidades acumulada e, desestimando no resto o recurso, mantense a declaración de incompetencia da xurisdición social para coñecer da acción de resolución de contrato formulada pola demandante.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social deberá efectuar o depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37 seguida de catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano deste. Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

E para que sirva de notificación en legal forma a Puertas Blindex, S.L. e Bianinver Sociedad de Inversiones, S.L. cuxo último domicilio coñecido era polígono industrial O Acevedo, s/n, parcela A1 e A2 actualmente en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no DOG e advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 15 de setembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza