Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Martes, 11 de outubro de 2016 Páx. 46633

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Bande

ANUNCIO da licitación, por procedemento aberto, para a contratación da obra de urbanización da travesía da estrada OU-540, en Bande (p.q. 39+610 - 79+711).

Procedemento aberto para a contratación, cun só criterio de adxudicación, da execución da obra de urbanización da travesía da OU-540 en Bande (p.q. 39+610 - 79+711), no termo municipal de Bande (Ourense), coa colaboración da Axencia Galega de Infraestruturas e a Deputación Provincial de Ourense.

No perfil de contratante publícanse íntegros o prego de condicións e o proxecto para contratación, mediante procedemento aberto, da execución da obra de urbanización da travesía da OU-540 en Bande (p.q. 39+610 - 79+711), cun tipo de licitación de 244.483,80 € (IVE e demais tributos incluídos). As proposicións presentaranse ata as 14.00 horas do décimo terceiro (13) día natural contado desde o seguinte ao da publicación do anuncio de licitación no DOG, no rexistro do Concello de Bande ou por correo. A apertura de proposicións terá lugar de conformidade co disposto na cláusula XIII do prego de condicións. A documentación necesaria e demais datos figuran no prego de condicións e no proxecto, aos cales poderá accederse gratuitamente a través do perfil do contratante na páxina web do Concello de Bande www.concellodebande.com. As solicitudes de información poderán formularse telefonicamente 988 44 30 01 perante a secretaría.

Sen prexuízo de calquera outro recurso que se considere procedente, o prego de condicións, o proxecto técnico, os anuncios de licitación e os demais documentos contractuais que establezan as condicións que teñan de rexer a licitación serán susceptibles de recurso potestativo de reposición ante a Xunta de Goberno local no prazo dun mes e, alternativamente, de recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo de Ourense no prazo de dous meses, contados ambos os prazos desde o día seguinte ao da publicación dos anuncios de licitación ou, de ser o caso, da última publicación (se non foren simultáneos).

Bande, 4 de outubro de 2016

José Antonio Armada Pérez
Alcalde presidente