Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Martes, 11 de outubro de 2016 Páx. 46634

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO da subministración dun vehículo dumper.

1. Entidade adxudicadora: a) Organismo: Concello de Vigo; b) Dependencia que tramita o expediente: Parque Móbil. c) Obtención de documentación e información: Servizo de Contratación do Concello de Vigo, Pza. do Rei, s/n, 36202 Vigo, teléfono 986 81 01 48, fax 986 22 62 06. Correo electrónico: contratacion@vigo.org . Enderezo da internet do perfil do contratante: www.vigo.org. Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións; d) Número de expediente: 11789-445.

2. Obxecto do contrato: a) Descrición: adquisición dun vehículo tipo dumper para carga de materiais de obra (chasis e carrozado) para o Parque Móbil municipal. b) CPV: 34140000-0. c) División por lotes: non. d) Lugar de entrega: parque central de servizos do Concello de Vigo. e) Prazo de execución: 3 meses.

3. Tramitación e procedemento: a) Tramitación: ordinaria. b) Procedemento: aberto. c) Criterios de adxudicación: os consignados no punto 9 das FEC do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento base: a) Orzamento total: 130.000 euros.

5. Garantías exixidas. a) Provisional: non se exixe. b) Definitiva: 5 % do prezo de adxudicación excluído o IVE. c) Complementaria: non.

6. Requisitos específicos do contratista: a) Documentos acreditativos da solvencia económica e financeira: declaración do volume anual de negocio. Consideraranse con solvencia económica e financeira os licitadores que no conxunto dos últimos tres anos teñan un volume de facturación que sexa igual ou superior ao prezo do contrato. b) Documentos acreditativos da solvencia técnica e profesional: unha relación das principais subministracións similares ao obxecto do contrato realizadas nos últimos cinco anos que inclúa importe, datas e o destinatario, público ou privado, delas por importe igual ou superior ao prezo do contrato. Considerarase acreditada a solvencia se nalgún dos últimos cinco anos acredita subministracións por importe igual ou superior á unha anualidade media do prezo do contrato. As subministracións efectuadas acreditaranse mediante certificados expedidos ou visados polo órgano competente, cando o destinatario sexa unha entidade do sector público; cando o destinatario sexa un suxeito privado, mediante un certificado expedido por este ou, na falta deste certificado, mediante unha declaración do empresario.

7. Presentación de ofertas: prazo: o prazo rematará aos 15 días seguintes ao da última publicación do presente anuncio no BOP ou no DOG.

Documentación: a exixida na cláusula 12 do prego de condicións administrativas e no punto 7 das FEC.

Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo, Pza. do Rei, s/n, 36202 Vigo, ata as 13.30 horas do último día de prazo.

Admisión de melloras: non.

Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.

8. Apertura das ofertas técnico-económica: entidade, domicilio e localidade: vexase punto 6 do anuncio.

Data e hora: se anunciará no perfil do contratante do Concello de Vigo.

9. Páxina web para obtención de información: www.vigo.org

Vigo, 3 de outubro de 2016

O alcalde
P.D. (Decreto do 19.6.2015 e Acordo do 19.6.2015)
David Regades Fernández
Concelleiro delegado de Contratación