Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Martes, 11 de outubro de 2016 Páx. 46636

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Galeras-Entrerríos, Sociedade Cooperativa Galega

ANUNCIO de disolución e nomeamento de liquidadores.

En cumprimento do establecido nos artigos 86 e 87 da Lei 5/1998, de cooperativas de Galicia, modificada pola Lei 14/2011, faise público que na asemblea xeral universal de socios, que tivo lugar o 29 de xuño de 2016, acordouse, por unanimidade de votos, a disolución de Galeras-Entrerríos, Sociedade Cooperativa Galega e o nomeamento de Paula Luna Lago, Bernardo Díez García, Antonio César Muñoz Barbero e Irene Martínez Montero como liquidadores da sociedade cooperativa.

Santiago de Compostela, 1 de setembro de 2016

Paula Luna Lago
Presidenta de Galeras-Entrerríos, Sociedade Cooperativa Galega