Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Martes, 11 de outubro de 2016 Páx. 46613

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 21 de setembro de 2016, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se fai pública a Resolución do 20 de setembro de 2016 de autorización de cambio de actividade de forestal a agrícola da parcela 203 do polígono 100 do termo municipal de Castroverde (Lugo).

En cumprimento do establecido no artigo 48 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, faise público que, de acordo co establecido no artigo 60.1.c) da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, a Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo, autorizou, mediante a Resolución do 20.9.2016, o cambio de actividade de forestal a agrícola na parcela 203 do polígono 100 do termo municipal de Castroverde (Lugo).

O proxecto foi sometido previamente a avaliación ambiental simplificada e o informe de impacto ambiental foi formulado con data do 23.6.2016. O anuncio foi publicado no DOG nº 137, do 20 de xullo.

Lugo, 21 de setembro de 2016

José Ramón Losada Fernández
Xefe territorial de Lugo