Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Martes, 11 de outubro de 2016 Páx. 46612

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

CÉDULA do 19 de setembro de 2016, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se fai pública unha notificación dunha resolución dun expediente tramitado por esta entidade.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que a continuación se indica a resolución do expediente administrativo instruído, de conformidade co disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil, por ignorarse o lugar de notificación.

A persoa interesada poderá interpoñer recurso ante o Xulgado de Primeira Instancia de Pontevedra que por quenda corresponda, no prazo de dous meses desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado, sen necesidade de reclamación administrativa previa, de conformidade co disposto no artigo 780 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.

O expediente consta no Servizo de Familia e Menores da Xefatura Territorial en Vigo da Consellería de Política Social; rúa Concepción Arenal, nº 8, 1º andar, 36201 Vigo, onde a persoa interesada poderá comparecer nun prazo de dous meses desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, para os efectos de coñecemento do contido íntegro da resolución, de luns a venres laborables, das 9.00 ás 14.00 horas.

Nº de expedientes: 2014/37/36 e 2014/38/36.

Interesada: Anabela Fontes Regueiro.

Enderezo: descoñecido.

Asunto: notificación dunha resolución administrativa do 1 de febreiro de 2016.

Vigo, 19 de setembro de 2016

Marta Iglesias Bueno
Xefa territorial de Vigo