Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Luns, 10 de outubro de 2016 Páx. 46486

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

EDICTO do 20 de setembro de 2016, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifican dúas resolucións nun procedemento tramitado nesta xefatura territorial (expediente 36/00012-I/13 e un máis).

No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial, e en virtude do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), ao seren devoltas polo servizo de Correos as notificacións enviadas no seu día, coas resolucións ditadas por esta xefatura territorial no procedemento instado polas persoas que se citan no anexo e de conformidade co disposto no artigo 61 da mencionada lei, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da data de publicación deste edicto no Boletín Oficial del Estado (BOE), poderán comparecer persoalmente ou debidamente representadas, no Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social de Vigo (rúa Concepción Arenal, núm. 8, 1º andar. Teléfono 986 81 72 30), en horario de maña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer o texto íntegro da resolución e advertindo que, de non facelo así, se terán por notificados.

As persoas que se citan no anexo son informadas de que estas resolucións esgotan a vía administrativa e contra elas se poderá interpoñer reclamación previa á vía xurisdicional social, ante esta xefatura territorial, no prazo de trinta (30) días seguintes ao da data da publicación deste edicto no Boletín Oficial del Estado (BOE), segundo o disposto no artigo 2, letra s), e no artigo 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social.

Vigo, 20 de setembro de 2016

Marta Iglesias Bueno
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Apelidos e nome

Núm. DNI/NIE

Núm. do expediente

Resolución

Data da resolución

Rodríguez Oro, Alberto

44090463S

36/00012-I/13

Caducidade

13.5.2016

Dios Iglesias, Benito

44080857T

36/00193-I/14

Caducidade

23.5.2016