Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Luns, 10 de outubro de 2016 Páx. 46484

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

EDICTO do 19 de setembro de 2016, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifican diversas resolucións en procedementos tramitados nesta xefatura territorial (expediente 36/00772-I/14 e sete máis).

No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial, e en virtude do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ao seren devoltas polo servizo de Correos as notificacións enviadas no seu día, coas resolucións ditadas por esta xefatura territorial nos procedementos instados polas persoas que se citan no anexo e de conformidade co disposto no artigo 61 da mencionada lei, no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da data de publicación deste edicto no Boletín Oficial del Estado (BOE), poderán comparecer persoalmente ou debidamente representadas, no Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social de Vigo (rúa Concepción Arenal, número 8, 1º andar; teléfono 986 81 72 30), en horario de mañá, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer o texto íntegro da resolución e advertíndolles que, de non facelo así, se terán por notificadas.

As persoas que se citan no anexo xunto co seu correspondente número de expediente, resolución e data, son informadas que as ditas resolucións esgotan a vía administrativa e que contra elas se poderán interpoñer reclamación previa á vía xurisdicional social, ante esta xefatura territorial, no prazo de trinta (30) días seguintes ao da data da publicación deste edicto no Boletín Oficial del Estado (BOE), segundo o disposto no artigo 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social.

Vigo, 19 de setembro de 2016

Marta Iglesias Bueno
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Apelidos e nome

Núm. DNI/NIE

Núm. de

expediente

Resolución

Data da

resolución

Rivas Cuesta, Miguel Ángel

09396078A

36/00772-I/14

Desestimación

9.5.2016

Sall s/s, Mbaye

X1687098W

36/00358-X/08

Suspensión

8.8.2016

Bermúdez Rodríguez, Jesús

78736769H

36/00040-I/15

Denegación

20.5.2016

Guerra Vázquez, Ana

76929425Z

36/00335-I/11

Extinción

20.5.2016

Gómez Troncoso, María Ángeles

36077661E

36/00351-I/08

Suspensión

23.6.2016

Álvarez Armesto, Fermín

33805557L

36/00855-X/15

Denegación

9.5.2016

Gallego Otero, Jesús

35283025J

36/01493-I/97

Extinción

16.6.2016

Teixeira Fernándes, Teresa Jesús

X0561832B

36/00769-X/03

Suspensión

10.8.2016