Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Luns, 10 de outubro de 2016 Páx. 46472

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 28 de setembro de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, de notificación de información pública do expediente IN407A 2016/370-1.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro
(BOE núm. 16, do 19 de xaneiro, e BOE núm. 30, do 4 de febreiro), notifícaselles aos interesados descoñecidos, ausentes ou con enderezo descoñecido que se sinalan no anexo deste anuncio a Resolución do 10 de maio de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa, de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Irixoa (expediente IN407A 2016/370-1).

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado, polo que os interesados poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Sen prexuízo do anterior, este anuncio publícase tamén no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 28 de setembro de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO
Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: IN407A 2016/370-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: LMT, CT, RBT Manide-O Pirineo.

Concello: Irixoa.

– Número de predio: 18.

Lugar: Chousa da Veiga.

Cultivo: monte alto.

Propietario: Ramón Golpe Brañas.

Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica:

Metros lineais aéreos: 5.0.

Metros cadrados aéreos: 87.0.

– Número de predio: 34.

Lugar: Fonte da Gateira.

Cultivo: monte alto.

Propietario: descoñecido.

Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica:

Metros cadrados aéreos: 8.0.

– Número de predio: 36.

Lugar: Fonte da Gateira.

Cultivo: monte alto.

Propietario: descoñecido.

Afección de solo en pleno dominio:

Apoio número 9 (1/2).

Metros cadrados: 1.0.

Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica:

Metros lineais aéreos: 31.0.

Metros cadrados aéreos: 476.0.

– Número de predio: 41.

Lugar: Monte de Veiga.

Cultivo: monte alto.

Propietario: descoñecido.

Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica:

Metros lineais aéreos: 8.0.

Metros cadrados aéreos: 115.0.