Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Luns, 10 de outubro de 2016 Páx. 46474

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 28 de setembro de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, pola que se fai pública a formalización de contratos de obras, cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, eixe 04, obxectivo específico 04.03.01.

missing image file

Segundo o artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise público que o secretario xeral técnico, actuando en nome do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, por delegación de atribucións segundo a Orde do 25 de xaneiro de 2012, acordou darlle publicidade á formalización dos seguintes contratos de obras:

1. Obra de rehabilitación integral (enerxética e funcional) de 2 centros educativos na provincia de Ourense, expediente ED 11/16-O.

1.1. Adxudicatario: Construcciones Ángel Jove, S.A.

1.2. Importe de adxudicación: 692.069,14 € (IVE excluído), o dito importe está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, eixe 04, obxectivo específico 04.03.01.

1.3. Data de adxudicación: 19 de setembro de 2016.

1.4. Data de formalización do contrato: 23 de setembro de 2016.

2. Obra de rehabilitación integral (enerxética e funcional) de 3 centros educativos na provincia de Pontevedra, expediente ED 12/16-O.

2.1. Adxudicatario: Ogmios Proyecto, S.L.

2.2. Importe de adxudicación: 1.063.000,00 € (IVE excluído), o dito importe está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, eixe 04, obxectivo específico 04.03.01.

2.3. Data de adxudicación: 19 de setembro de 2016.

2.4. Data de formalización do contrato: 23 de setembro de 2016.

Santiago de Compostela, 28 de setembro de 2016

Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria