Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Luns, 10 de outubro de 2016 Páx. 46476

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 28 de setembro de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, pola que se fai pública a formalización de contratos de obras, cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, eixe 10, obxectivo específico 10.05.01.

missing image file

Segundo o artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise público que o secretario xeral técnico, actuando en nome do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, por delegación de atribucións segundo a Orde do 25 de xaneiro de 2012, acordou darlle publicidade á formalización dos seguintes contratos de obras:

1. Obra de ampliación do IES Universidade Laboral de Ourense, expediente ED 5/16-O.

1.1. Adxudicatario: Construcciones Delfín Ferreiro Rodríguez, S.L.

1.2. Importe de adxudicación: 286.782,86 € (IVE excluído), o dito importe está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, eixe 10, obxectivo específico 10.05.01.

1.3. Data de adxudicación: 19 de setembro de 2016.

1.4. Data de formalización do contrato: 23 de setembro de 2016.

2. Obra de construción dun novo CEIP en Culleredo (A Coruña), expediente ED 17/16-O.

2.1. Adxudicatario: Acciona Infraestructuras, S.A.

2.2. Importe de adxudicación: 3.252.025,85 € (IVE excluído), o dito importe está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, eixe 10, obxectivo específico 10.05.01.

2.3. Data de adxudicación: 21 de setembro de 2016.

2.4. Data de formalización do contrato: 23 de setembro de 2016.

Santiago de Compostela, 28 de setembro de 2016

Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria