Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Luns, 10 de outubro de 2016 Páx. 46488

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 26 de setembro de 2016 pola que se fai pública a formalización da contratación do servizo para o desenvolvemento de novas funcionalidades nos sistemas de información do eido dos centros educativos non universitarios da Xunta de Galicia (expediente 15/2016).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición do obxecto: servizo para o desenvolvemento de novas funcionalidades en sistemas de información no ámbito da educación da Xunta de Galicia, en particular os relacionados cos fondos e subvencións para libros de alumnos da educación infantil, primaria e secundaria e outros sistemas da Subdirección Xeral de Centros da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, DOUE e BOE.

e) Fecha de publicación do anuncio de licitación:

DOG: 14.1.2016.

DOUE: 9.1.2016.

BOE: 23.1.2016.

3. Tramitación e procedemento:

a) Procedemento: aberto, harmonizado.

b) Tramitación: ordinaria, anticipado de gasto.

4. Valor estimado do contrato: o valor estimado é de 322.314,00 €.

5. Orzamento base de licitación:

O orzamento máximo autorizado é de 107.438,00 € , máis 22.561,98 € que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 129.999,98 €.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 28.6.2016.

b) Data de formalización do contrato: 29.7.2016.

c) Contratista: Tecnologías Plexus, S.L.

d) Importe de adxudicación: 106.599,79 € (IVE incluído).

Santiago de Compostela, 26 de setembro de 2016

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia