Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Luns, 10 de outubro de 2016 Páx. 46490

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 26 de setembro de 2016 pola que se fai pública a formalización da contratación da subministración de equipamento de comunicacións para a mellora de equipos nodais da rede corporativa da Xunta de Galicia, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (expediente 39/2016).

missing image file

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración de tarxetas supervisoras redundantes para os equipamentos nodais dos centros de proceso de datos principal e redundante e a posta en funcionamento desta nova electrónica de comunicacións.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG.

e) Data de publicación do anuncio de licitación:

DOG: 2.5.2016.

3. Tramitación e procedemento:

a) Procedemento: aberto.

b) Tramitación: ordinaria.

4. Valor estimado do contrato: 144.628,10 €.

5. Orzamento base de licitación: 144.628,10 €, máis 30.371,90 € en concepto de IVE (21 %), o que supón un total de 175.000,00 €.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 26.8.2016.

b) Data de formalización do contrato: 31.8.2016.

c) Contratista: Telefónica Soluciones de Informática y Comunicaciones de España, S.A.U.

d) Importe de adxudicación: 164.561,26 € (IVE ao 21 % incluído).

Santiago de Compostela, 26 de setembro de 2016

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia