Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Luns, 10 de outubro de 2016 Páx. 46453

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (196/2016).

Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 196/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Marcos Santos Rodríguez contra Nova Albariza, S.L., Disalsa Gestión, S.L., Fondo de Garantía Salarial sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

«Santiago de Compostela, 1 de setembro de 2016.

Javier Fraga Mandián, xuíz substituto deste órgano xurisdicional, tras ver os presentes autos rexistrados co número arriba indicado, promovidos por José Marcos Santos Rodríguez, asistido polo letrado Eduardo Porta Viu, fronte ás entidades Disalsa Gestión, S.L., representada pola letrada Cristina Catalán Hinrichs (Disalsa, en diante), Nova Albariza, S.L. (Nova Albariza, no sucesivo) e o Fogasa, incomparecidos ambos ao acto de xuízo, malia a súa citación en forma, pronunciou, en nome do rei, a seguinte resolución:

Sentenza

Resolución:

1º. Que, desestimando integramente a demanda promovida por José Marcos Santos Rodríguez contra as empresas Disalsa Gestión, S.L. e Nova Albariza, S.L. en canto á acción de resolución indemnizada do seu contrato de traballo, debo absolvelas e absólvoas de tal pedimento.

2º. Que, estimándoa parcialmente en canto á reclamación de cantidade acumulada, debo condenar e condeno as aludidas codemandadas a que aboen ao demandante a cantidade de 9.319,39 €, que se deberá incrementar, de ser o caso, co xuro legal incrementado en dous puntos porcentuais, desde o ditado da presente resolución ata o seu completo aboamento.

3º. Que, finalmente, debo condenar e condeno o Fogasa, na súa condición de responsable legal subsidiario, a se ater ás condenas impostas ás empresas codemandadas.

Notifíquese esta sentenza ás partes e advírtase que contra ela poderán interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito neste xulgado dentro dos cinco días seguintes ao da notificación da sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se practique a notificación. Advírtase o recorrente que sexa entidade xestora e fose condenada ao aboamento dunha prestación da Seguridade Social de pagamento periódico, que ao anunciar o recurso deberá achegar certificación acreditativa de que comeza o seu aboamento e que o proseguirá puntualmente mentres dure a súa tramitación. Se o recorrente é unha empresa ou mutua patronal que fose condenada ao pagamento dunha pensión da Seguridade Social de carácter periódico, deberá ingresar o importe do capital custo na Tesouraría Xeral da Seguridade Social, logo de que esta determine o seu importe unha vez que lle sexa comunicada polo xulgado.

Así, por esta sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Nova Albariza, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 20 de setembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza