Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Luns, 10 de outubro de 2016 Páx. 46500

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 5 de setembro de 2016, da Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, pola que se fai pública a formalización do contrato para a subministración sucesiva de lentes intraoculares, viscoelásticos e material para a intervención de cataratas e vitrectomías, así como o arrendamento e mantemento do equipamento necesario para a realización desas intervencións cirúrxicas (expediente MS-EIL1-15-012).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa.

c) Número de expediente: MS-EIL1-15-012.

d) Enderezo de internet do perfil do contratante: www.sergas.es

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: administrativo especial.

b) Descrición: subministrar lentes intraoculares, viscoelásticos e material necesario para a intervención de cataratas con lentes de diferentes dioptrías e para a realización de vitrectomías, así como o arrendamento e mantemento dos equipamentos necesarios para a realización de ambas as dúas técnicas cirúrxicas polos servizos de oftalmoloxía do Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA), do Hospital da Costa e do Hospital Comarcal de Monforte de Lemos.

c) Lotes: non.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 33731110-7.

e) Diarios oficiais e datas de publicación do anuncio de licitación: DOUE núm. 252, do 30 de decembro; BOE núm. 309, do 26 de decembro de 2015, e DOG núm. 6, do 12 de xaneiro de 2016.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 2.531.791,50 €.

5. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 1.205.615 €. Importe total: 1.388.845,15 €.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 13 de xullo de 2016.

b) Data de formalización do contrato: 1 de setembro de 2016.

c) Contratista: Alcon Cusí, S.A.

d) Importe ou canon de adxudicación:

Importe neto: 1.066.778 €. Importe total: 1.249.941 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: ver resolución no perfil do contratante.

Lugo, 5 de setembro de 2016

Ramón Ares Rico
Xerente de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos