Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Luns, 10 de outubro de 2016 Páx. 46502

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 3 de outubro de 2016, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a ampliación do prazo da presentación de proposicións da contratación do servizo de redacción do proxecto básico e de execución e da dirección de obra da ampliación do Centro de Saúde de Anafáns-Poio (Pontevedra) (expediente AB-SER3-16-006).

En relación coa convocatoria publicada no DOG núm. 184, con data do 27 de setembro de 2016, pola que se publicou a licitación da contratación do servizo de redacción do proxecto básico e de execución e da dirección de obra da ampliación do Centro de Saúde de Anafáns-Poio (Pontevedra), acórdase que o prazo de presentación de proposicións se amplíe ata o día 19 de outubro de 2016.

Permanecen inalterados o resto dos aspectos detallados no anuncio orixinario, todo isto de conformidade co artigo 32 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

O que se fai público para coñecemento xeral e, en especial, para o das empresas interesadas.

Santiago de Compostela, 3 de outubro de 2016

Lourdes Vilachán Angueira
Directora xeral de Recursos Económicos