Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Luns, 10 de outubro de 2016 Páx. 46499

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 9 de setembro de 2016 pola que se fai pública a formalización para a contratación, non suxeita a regulación harmonizada, mediante documentación simplificada, do servizo de transporte sanitario non urxente (ambulatorio e hospitalario) e o hospitalario urxente, mediante procedemento aberto e tramitación ordinaria (expediente AB-SER4-16-003).

Advertido erro na citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 187, do venres 30 de setembro de 2016, procede facer a seguinte corrección:

Na páxina 45328, no punto 5.c) Empresas adxudicatarias, onde di: «Lote 1: Servicios Sociosanitarios Generales, S.L.», debe dicir: «Lote 1: UTE Servicios Sanitarios de La Coruña».