Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Venres, 7 de outubro de 2016 Páx. 46091

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 26 de setembro de 2016 pola que se adhiren dúas entidades financeiras ao convenio de colaboración para a bonificación dos custos do financiamento dos investimentos das microempresas de Galicia titulares de préstamos inferiores ou iguais a 25.000 euros subscrito entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), as entidades financeiras adheridas e as sociedades de garantía recíproca (Programa Microcréditos).

O Consello de Dirección do Igape, na súa xuntanza do 7 de abril de 2016, acordou, por unanimidade dos seus membros asistentes, a aprobación das bases reguladoras das axudas do Igape para a bonificación dos custos do financiamento dos investimentos das microempresas de Galicia titulares de préstamos inferiores ou iguais a 25.000 euros instrumentadas mediante convenio de colaboración coas entidades financeiras e coas sociedades de garantía recíproca (Programa Microcréditos), bases que foron publicadas mediante Resolución do 2 de agosto de 2016 (DOG núm. 153, do 12 de agosto).

Xunto co texto das devanditas bases publicouse a relación das entidades financeiras que se adheriron ao convenio.

Nas datas do 1 e 12 de setembro de 2016 ratifícase a adhesión das seguintes entidades financeiras: Banco de Sabadell, S.A. e Caixabank, S.A., polo que cómpre facelo público.

Polo que antecede, en virtude das facultades que teño conferidas mediante o artigo 12.a) da Lei 5/1992, do 10 de xuño, de creación do Instituto Galego de Promoción Económica, e do artigo 11.1.a) do Decreto 317/1992, do 12 de novembro, polo que se aproba o regulamento do Igape,

RESOLVO:

Artigo único. Engadir as entidades financeiras Banco de Sabadell, S.A. e Caixabank, S.A. á relación de entidades financeiras adheridas ao convenio de colaboración para a bonificación dos custos do financiamento dos investimentos das microempresas de Galicia titulares de préstamos inferiores ou iguais a 25.000 euros, asinado o 2 de agosto de 2016.

Santiago de Compostela, 26 de setembro de 2016

Javier Aguilera Navarro
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica