O Consello de Dirección do Igape, na súa xuntanza do 7 de abril de 2016, acordou por unanimidade dos seus membros asistentes a aprobación das bases reguladoras das axudas do Igape para a bonificación dos custos do financiamento das pequenas e medianas empresas de Galicia, titulares de préstamos superiores a 25.000 euros instrumentadas mediante convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), as entidades financeiras e as sociedades de garantía recíproca (Programa de apoio financeiro ás pemes), bases que foron publicadas mediante Resolución do 2 de agosto de 2016 (DOG núm. 154, do 17 de agosto).
Xunto co texto das devanditas bases publicouse a relación das entidades financeiras que se adheriron ao convenio.
Nas datas do 1 e 12 de setembro de 2016 ratifícase a adhesión das seguintes entidades financeiras: Banco de Sabadell, S.A. e Caixabank, S.A., polo que cómpre facelo público.
Polo que antecede, en virtude das facultades que teño conferidas mediante o artigo 12.a) da Lei 5/1992, do 10 de xuño, de creación do Instituto Galego de Promoción Económica, e do artigo 11.1.a) do Decreto 317/1992, do 12 de novembro, polo que se aproba o regulamento do Igape,
RESOLVO:
Artigo único. Engadir as entidades financeiras Banco de Sabadell, S.A. e Caixabank, S.A. á relación de entidades financeiras adheridas ao convenio de colaboración para a bonificación dos custos do financiamento das pequenas e medianas empresas de Galicia titulares de préstamos superiores a 25.000 euros, asinado o 2 de agosto de 2016.
Santiago de Compostela, 26 de setembro de 2016
Javier Aguilera Navarro
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica