Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Venres, 7 de outubro de 2016 Páx. 46213

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 21 de setembro de 2016 pola que se notifican as resolucións ditadas no expediente IG166.2015.1.41 e sete máis.

Intentadas as notificacións persoais e devoltas polo servizo de Correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co establecido no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, pola presente resolución, notifícaselles aos interesados o contido das resolucións, que figuran como anexo, para que poidan ter coñecemento delas.

Os actos obxecto do presente anuncio non se publican na súa integridade en virtude da cautela prevista no artigo 61 da LRX-PAC. Advírteselles aos interesados de que, contra as resolucións, as cales esgotan a vía administrativa, poderán interpoñer un recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado. Non obstante, previamente poderán interpoñer un recurso de reposición ante o mesmo órgano que ditou a resolución recorrida, dentro do prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao de publicación desta resolución. O expediente ponse de manifesto aos interesados neste centro directivo sito en Santiago de Compostela, complexo administrativo San Lázaro, s/n.

Santiago de Compostela, 21 de setembro de 2016

Javier Aguilera Navarro
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

ANEXO

Nº expediente

Nome/razón social

Programa de axudas

Data resolución

Órgano que dita a resolución

Notificación

IG166.2015.1.41

Ramón Sanjurjo Design, S.L.

Axudas á contratación de xestores de internacionalización, cofinanciada polo Fondo Social Europeo no marco do programa operativo FSE Galicia 2007-2013 (Resolución do 19 de decembro de 2014, DOG núm. 248, do 29 de decembro).

21.4.2016

Director xeral do Igape

Resolución de expediente de incumprimento parcial

IG204.2015.1.48

Rodríguez Fernández, Andrés

Axudas ao apoio financeiro ás pemes-axudas para a bonificación dos custos do financiamento das pemes de Galicia, titulares de préstamos superiores a 25.000 € (Programa de apoio financeiro ás pemes) (Resolución do 5 de xuño de 2015, DOG núm. 115, do 19 de xuño)

23.5.2016

Director xeral do Igape

Resolución de concesión de axuda

IG205.2014.1.163

Iglesias Freire, Jesús

Préstamos Jeremie-Igape (Resolución do 3 de xuño de 2014 (DOG núm. 108, do 9 de xuño; Resolución do 27 de abril de 2015, DOG núm. 82, do 4 de maio e Resolución do 10 de setembro de 2015, DOG núm. 178, do 17 de setembro)

26.4.2016

Director da Área de Financiamento do Igape

Resolución de arquivo

IG205.2014.1.170

Pensión El Malecón, S.L.

Préstamos Jeremie-Igape (Resolución do 3 de xuño de 2014 (DOG núm. 108, do 9 de xuño; Resolución do 27 de abril de 2015, DOG núm. 82, do 4 de maio e Resolución do 10 de setembro de 2015, DOG núm. 178, do 17 de setembro)

26.4.2016

Director da Área de Financiamento do Igape

Resolución de arquivo

IG205.2014.1.200

Saborido Ageitos, Vanessa

Préstamos Jeremie-Igape (Resolución do 3 de xuño de 2014 (DOG núm. 108, do 9 de xuño; Resolución do 27 de abril de 2015, DOG núm. 82, do 4 de maio e Resolución do 10 de setembro de 2015, DOG núm. 178, do 17 de setembro)

19.5.2016

Director da Área de Financiamento do Igape

Resolución de arquivo

IG205.2014.1.256

Lamelas y Otero Mariña, S.L.U.

Préstamos Jeremie-Igape (Resolución do 3 de xuño de 2014 (DOG núm. 108, do 9 de xuño; Resolución do 27 de abril de 2015, DOG núm. 82, do 4 de maio e Resolución do 10 de setembro de 2015, DOG núm. 178, do 17 de setembro)

19.5.2016

Director da Área de Financiamento do Igape

Resolución de arquivo

IG212.2015.1.53

Asociación de Empresarios del Polígono Industrial del Salnés

Axudas a proxectos colaborativos de capacitación sectorial, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, no marco do programa operativo FSE Galicia 2007-2013 (Resolución do 19 de decembro de 2014, DOG núm. 248, do 29 de decembro)

2.6.2016

Director xeral do Igape

Resolución de expediente de incumprimento total

IG220.2015.1.120

García Rodríguez, Eloy

Programa de adquisición de competencias profesionais en materia de internacionalización empresarial (Resolución do 23 de outubro de 2015, DOG núm. 207, do 29 de outubro)

19.4.2016

Director da Área de Internacionalización do Igape

Resolución de arquivo