Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Venres, 7 de outubro de 2016 Páx. 46211

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Consumo

ANUNCIO do 23 de setembro de 2016 polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia no expediente 15R001-84-2016 e tres máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 en relación co artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e o artigo 114 da Lei 2/2012, do 28 de marzo, galega de protección xeral das persoas consumidoras e usuarios; despois de intentada a notificación persoal de acordo co disposto no citado artigo 59, sen que esta se puidese practicar, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado pola presidenta do Instituto Galego de Consumo.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante os servizos centrais do Instituto Galego de Consumo, con enderezo na avenida Gonzalo Torrente Ballester, número 1, 5, baixo en Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 23 de setembro de 2016

Sol Mª Vázquez Abeal
Presidenta do Instituto Galego de Consumo

ANEXO

Expediente: 15R001-84-2016.

Interesada: Meilijia, S.L.

CIF/NIF: B43964808.

Acto notificado: resolución de expediente.

Expediente: 15R001-85-2016.

Interesada: Merca Hogar Lin, S.L.

CIF/NIF: B55564397.

Acto notificado: resolución de expediente.

Expediente: 15R001-87-2016.

Interesada: Iron Bussines, S.L.

CIF/NIF: B64033442.

Acto notificado: resolución de expediente.

Expediente: 15R001-88-2016.

Interesada: Iron Bussines, S.L.

CIF/NIF: B64033442.

Acto notificado: resolución de expediente.