Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Venres, 7 de outubro de 2016 Páx. 46210

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Consumo

ANUNCIO do 23 de setembro de 2016 polo que se empraza a interesada para ser notificada por comparecencia no expediente 15R001-385-2016.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 en relación co artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e o artigo 114 da Lei 2/2012, do 28 de marzo, galega de protección xeral das persoas consumidoras e usuarias, logo de intentada a notificación persoal de acordo co disposto no citado artigo 59, sen que esta se puidese practicar, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

O acto foi adoptado pola xefa do Servizo de Inspeccion, Vixilancia do Mercado e Seguridade dos Produtos do Instituto Galego de Consumo.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante os servizos centrais do Instituto Galego de Consumo, con enderezo na avenida Gonzalo Torrente Ballester, número 1-5 baixo de Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 23 de setembro de 2016

Sol Mª Vázquez Abeal
Presidenta do Instituto Galego de Consumo

ANEXO

Expediente: 15R001-385-2016.

Interesada: Producciones Wakala, S.L.

CIF: B-61616587.

Acto notificado: acordo de iniciación de expediente.