Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Venres, 7 de outubro de 2016 Páx. 46203

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 26 de setembro de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, pola que se fai pública a notificación do expediente de suspensión condicional PSC-PO-0058/2014-ORS.

Tentada sen éxito a notificación persoal, de conformidade co disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas que a continuación se relacionan no anexo a resolución relativa á suspensión condicional que solicitaron no seu día.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, de conformidade co disposto nos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Así mesmo, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditado á súa publicación no BOE.

Os prazos empezarán a contar desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE. Os expedientes relacionados a seguir están á disposición dos interesados na Consellería do Mar (San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, teléfono: 981 54 61 63).

Santiago de Compostela, 26 de setembro de 2016

María Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar

ANEXO

Nº de expediente: PSC-PO-0058/2014-ORS.

Beneficiario: José Benito Moldes Abal.

NIF: 35230182R.

Enderezo: Chouza, 2, Combarro, 36993 Poio, Pontevedra.

Trámite: resolución de recurso de reposición.