Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Venres, 7 de outubro de 2016 Páx. 46202

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 20 de setembro de 2016, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, polo que se dá publicidade a diversas resolucións do 15 de setembro de 2016 polas que se ratifican as adaptacións dos estatutos de varias confrarías de pescadores.

Para dar cumprimento ao previsto no artigo 4.4 do Decreto 8/2014, do 16 de xaneiro, polo que se regulan as confrarías de pescadores de Galicia e as súas federacións, fanse públicas as resolucións ditadas pola Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro o 15 de setembro de 2016 polas que se ratifica a adaptación ao citado decreto dos estatutos das confrarías de pescadores que se relacionan no anexo e se acorda a súa inscrición no Rexistro de Confrarías e das súas Federacións, acto que lles atribúe eficacia xurídica, consonte o disposto no artigo 2.2 da Lei 9/1993, do 8 de xullo, de confrarías de pescadores de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de setembro de 2016

Susana Rodríguez Carballo
Directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro

ANEXO

Confraría de pescadores

Data da resolución de ratificación dos estatutos

Inscrición no Rexistro de Confrarías
e das súas Federacións

Confraría de Pescadores de Miño

15 de setembro de 2016

Tomo II, libro 36-Confraría de Pescadores de Miño, volume 1

Confraría de Pescadores e Mariscadores de Ferrol

15 de setembro de 2016

Tomo II, libro 26-Confraría de Pescadores e Mariscadores de Ferrol, volume 1