Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Venres, 7 de outubro de 2016 Páx. 46127

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 22 de setembro de 2016, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se dispón a notificación de dous acordos de iniciación de expedientes sancionadores por infracción en materia de xogo.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións publicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo os acordos de iniciación de expedientes sancionadores por infracción en materia de xogo, por non ser posible a súa notificación por correo certificado. Así mesmo, a eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Desígnase instrutora e secretario do expediente a María Luz Fernández Quintas e Amador Fernández Lozano, respectivamente, que poden ser recusados en calquera momento da tramitación do expediente, de darse algún suposto dos que determina o artigo 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Os interesados disporán dun prazo de 15 días, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución, para poder examinar o expediente no Servizo de Xestión Técnico-Administrativa e Interior desta xefatura territorial, sito na avenida da Habana, núm. 79, 1º (Ourense), e para achegar por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou probas consideren convenientes na defensa dos seus dereitos. Poderán recoñecer voluntariamente a súa responsabilidade, tal como establece o artigo 13.d) do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

En virtude do disposto no artigo 32.1.a) e b) da Lei 14/1985, do 23 de outubro, modificada pola Lei 3/2002, do 29 de abril, a competencia para resolver o expediente sancionador corresponderá ao director xeral de Emerxencias e Interior se a sanción consiste nunha multa de ata 60.000 euros, ou ao vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Publicas e Xustiza se a multa é superior a 60.000 euros ata 300.000 euros.

Ourense, 22 de setembro de 2016

Manuel Pardo Cid
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Expediente: OU-12/16.

Interesado: Nicolás Alfredo Sande Alonso.

DNI/NIF: 33237824-H.

Último enderezo coñecido: rúa Río Ulla, núm. 30, 2º, Lugo.

Data do acordo de iniciación: 8 de agosto de 2016.

Tipificación e precepto infrinxido: leve. Artigo 30 da Lei 14/1985, do 23 de outubro.

Posible sanción: apercibimento.

Expediente: OU-13/16.

Interesado: Serafín Vázquez Costa.

DNI/NIF: 33308445-Y.

Último enderezo coñecido: Carril das Hortas, núm. 39, 4º B, Lugo.

Data do acordo de iniciación: 8 de agosto de 2016.

Tipificación e precepto infrinxido: leve. Artigo 30 da Lei 14/1985, do 23 de outubro.

Posible sanción: apercibimento.