Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Venres, 7 de outubro de 2016 Páx. 46129

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 26 de setembro de 2016, da Dirección Xeral da Función Pública, polo que se notifica o arquivo dun expediente de compatibilidade.

Con data do 16 de setembro de 2016, o director xeral da Función Pública procedeu ao arquivamento do expediente derivado da solicitude de recoñecemento de compatibilidade presentada por María Teresa Blanco Pérez.

Intentada a notificación do citado arquivamento a través do servizo de Correos no domicilio que consta nesta dirección xeral, esta non se puido practicar, sendo devolta polo dito servizo, por «descoñecido».

Polo exposto, esta dirección xeral, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, en virtude deste anuncio, notifícalle a María Teresa Blanco Pérez o arquivamento do expediente derivado da solicitude de recoñecemento de compatibilidade antes referida.

A interesada pode recoller a respectiva comunicación mediante comparecencia nas dependencias da Oficina de Incompatibilidades e Boas Prácticas da Dirección Xeral da Función Pública (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 1, 3º, Santiago de Compostela), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez (10) días contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 26 de setembro de 2016

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública