Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Venres, 7 de outubro de 2016 Páx. 46177

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se dá publicidade á parte dispositiva da Sentenza do 19 de maio de 2016, ditada pola Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Sétima, do Tribunal Supremo.

Para xeral coñecemento, de conformidade co disposto nos artigos 72 e 104 e seguintes da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, faise público que a Sección Sétima da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo, con data do 19 de maio de 2016, ditou sentenza no recurso de casación núm. 1214/2015, contra a sentenza pronunciada, o 4 de febreiro de 2015, pola Sección Primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no procedemento ordinario 153/2014, interposto pola procuradora Dulce María Maneiro Martínez en nome e representación do Colexio Oficial de Médicos de Pontevedra, contra o Decreto 36/2014, do 20 de marzo, polo que se regulan as áreas de xestión clínica do Servizo Galego de Saúde.

Esta sentenza, que é firme, na súa parte dispositiva literalmente di:

«Non procede o recurso de casación número 1214/2015, interposto polo Servizo Galego de Saúde, representado polo procurador Argimiro Vázquez Guillén, contra a sentenza ditada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Contencioso-Administrativo, do 4 de febreiro de 2015, sen condena en custas».

En consecuencia, queda firme a decisión pronunciada o 4 de febreiro de 2015 pola Sección Primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en canto anulaba o artigo 10 do mencionado Decreto 36/2014 no que atinxe á libre designación como forma de provisión do/da director/a de área de xestión clínica.

Santiago de Compostela, 20 de setembro de 2016

Josefina Monteagudo Romero
Secretaria xeral técnica da Consellería de Sanidade