Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Venres, 7 de outubro de 2016 Páx. 46178

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 5 de setembro de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2016214AL-PO, por infración en materia sanitaria.

Con data do 17 de agosto de 2016, a xefa territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra ditou resolución do expediente sancionador número 2016214AL-PO incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra contra Pescalujo, S.L., con CIF B36869287.

Tras intentar a notificación desta resolución consonte o artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, non puido practicarse, polo que mediante esta cédula notifícaselle a Pescalujo, S.L. o contido da dita resolución, que figura no anexo, segundo o disposto no número 5 do referido artigo, para que teña coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste para presentar recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sita en Pontevedra, no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, rúa Fernández Ladreda, núm. 43, 1º andar, e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

De acordo co establecido no artigo 62.2 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, o prazo de ingreso en período voluntario realizarase: 1) se a notificación se realiza entre os días 1 e 15 do mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non fose hábil, ata o inmediato hábil seguinte e, 2) se a notificación se realiza entre os días 16 e último do mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou o inmediato hábil seguinte; todo iso mediante ingreso que deberá efectuar en calquera oficina de Abanca, do BBVA, transacción 1316, NIF S1511001H, Santander ou http://www.cixtec.es/conselleria, empregando os impresos normalizados que lle serán facilitados nas dependencias desta xefatura territorial. O pagamento voluntario porá fin ao expediente.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

Pontevedra, 5 de setembro de 2016

Ángeles Feijóo-Montenegro Fernández
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Número do expediente: 2016214AL-PO.

Denunciada: Pescalujo, S.L., con CIF B36869287.

Último enderezo coñecido: porto Pesqueiro, almacén 44, 36202 Vigo.

Feito imputado: infracción do previsto no Regulamento (CE) 852/2004, do 29 de abril, relativo á hixiene dos produtos alimenticios.

Preceptos infrinxidos:

– Capítulo IX do anexo II: disposicións aplicables aos produtos alimenticios.

Tipificación: unha infracción administrativa tipificada como leve no artigo 51 punto 1 da Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición.

Sanción imposta: seiscentos euros (600 €).