Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Xoves, 6 de outubro de 2016 Páx. 46058

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Bóveda

ANUNCIO de aprobación de bases e convocatoria para a constitución dunha bolsa de emprego para cubrir as posibles vacantes do/s posto/s de traballo de auxiliar do punto de atención á infancia en réxime de persoal laboral temporal.

Expediente: 480/2016-221.

Por resolución da Alcaldía núm. 410, do 6 de setembro de 2016, foron aprobadas as bases e a convocatoria para a constitución dunha bolsa de emprego para cubrir as posibles vacantes do/s posto/s de traballo de auxiliar do punto de atención á infancia en réxime de persoal laboral temporal.

Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse no Boletín Oficial da provincia de Lugo, na páxina web municipal e no taboleiro de edictos do Concello.

Bóveda, 7 de setembro de 2016

José Manuel Arias López
Alcalde presidente