Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Xoves, 6 de outubro de 2016 Páx. 46056

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 5 de setembro de 2016, da Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, pola que se fai pública a formalización do contrato para a prestación do servizo de transporte de roupa sucia/limpa entre diversos centros desta xerencia e a lavandaría do Centro Hospitalario Universitario A Coruña (CHUAC).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa.

c) Número de expediente: AB-EIL1-16-001.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: transporte de roupa sucia/limpa entre os hospitais Lucus Augusti e Calde e a lavandaría do CHUAC.

c) Lotes: non.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 60112000-6.

e) Diarios oficiais e datas de publicación do anuncio de licitación: DOUE (9.1.2016), BOE (26.1.2016) e DOG (26.1.2016).

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 496.000 €.

5. Orzamento base de licitación: importe neto: 248.000 €. Importe total: 300.080 €.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 22 de xuño de 2016.

b) Data de formalización do contrato: 26 de xullo de 2016.

c) Contratista: Frutería Las Delicias, S.L.

d) Importe ou canon de adxudicación: importe neto: 213.600 €. Importe total: 258.456 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: ver resolución no perfil do contratante.

Lugo, 5 de setembro de 2016

Ramón Ares Rico
Xerente de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos