Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Xoves, 6 de outubro de 2016 Páx. 46060

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santiago de Compostela

ANUNCIO de información pública do estudo de detalle das parcelas EU-7, EU-2 e grupo de vivendas de San Ignacio de Loyola. SUP-5 A Choupana-Campus Sur.

A Xunta de Goberno da cidade de Santiago de Compostela, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 22 de xullo de 2016, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

a) Aprobar inicialmente o estudo de detalle nas parcelas EU-7, EU-2 e grupo de vivendas de San Ignacio de Loyola (SUP-5 A Choupana-Campus Sur), formulado de oficio pola Sección Municipal de Planeamento en xullo de 2016.

b) En aplicación do procedemento que regula o artigo 80.2 da Lei 2/2016 do solo de Galicia (LSG), o expediente someterase a información pública durante o prazo mínimo dun mes, mediante anuncios que para tal fin se publicarán no Diario Oficial de Galicia e nun xornal dos de maior circulación na provincia. Así mesmo, practicarase notificación persoal aos titulares catastrais dos terreos afectados, e publicarase edicto no Boletín Oficial del Estado co fin de que sirva de notificación aos propietarios que non puideron ser citados persoalmente no seu domicilio.

De conformidade co disposto polo artigo 47.2 da LSG, o acordo de aprobación inicial do estudo de detalle determina a suspensión, durante o prazo máximo de dous anos, do procedemento de outorgamento das licenzas que poidan devir incompatibles co estudo de detalle, no ámbito das seguintes parcelas afectadas:

5968301NH3456H0001SQ

5666971NH3456F0000UT

5666959NH3456F0001MY

5666901NH3456F0001RY

5666902NH3456F0001DY

O que se publica co fin de que, durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, os interesados poidan consultar o expediente no Servizo de Planeamento e Xestión e formular as alegacións que xulguen oportunas. Na páxina web do Concello www.santiagodecompostela.gal, poderase consultar a documentación sometida a información pública.

Santiago de Compostela, 24 de agosto de 2016

O alcalde
P.D. (DEC/3997/2015, do 18 de xuño)
Jorge Duarte Vázquez
Concelleiro delegado de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade