Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Mércores, 5 de outubro de 2016 Páx. 45949

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de San Cibrao das Viñas

ANUNCIO de adxudicación do contrato de subministración de equipamento para o edificio destinado a ximnasio na zona deportiva da Ponte Noalla.

Por Acordo da Xunta de Goberno Local do 7 de setembro de 2016, adxudicouse o contrato da subministración de equipamento para o edificio destinado a ximnasio na zona deportiva da Ponte Noalla, publicándose a súa formalización para os efectos do artigo 154 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Xunta de Goberno Local.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

c) Número de expediente: 34/2016.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: sancibrao.sedelectronica.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: aberto, oferta económica máis vantaxosa, varios criterios de adxudicación.

b) Descrición: subministración de equipamento para o edificio destinado a ximnasio na zona deportiva da Ponte Noalla.

c) Lote: non procede.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 3700000-8.

e) Acordo marco: non procede.

f) Sistema dinámico de adquisicións: non procede.

g) Medio de publicación do anuncio de licitación: BOP, DOG e perfil do contratante.

h) Data de publicación do anuncio de licitación: 11 e 13 de xullo de 2016.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, oferta económica máis vantaxosa, varios criterios de adxudicación.

4. Valor estimado do contrato: 105.040,00 euros.

5. Orzamento base de licitación. Importe neto: 105.040,00 euros. Importe total: 127.098,40 euros.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 7.9.2016.

b) Data de formalización do contrato: 15.9.2016.

c) Contratista: Exercycle, S.L.

d) Importe ou canon de adxudicación. Importe neto: 81.193,13 euros. IVE: 17.050,56 euros. Importe total: 98.243,68 euros.

e) Vantaxas da oferta adxudicataria: mellor oferta económica e técnica.

San Cibrao das Viñas, 28 de setembro de 2016

Manuel Pedro Fernández Moreiras
Alcalde