Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Mércores, 5 de outubro de 2016 Páx. 45948

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Grove

ANUNCIO de aprobación do Plan especial de infraestruturas para dous equipamentos públicos.

Co obxecto de dotar o Concello do Grove dun centro de saúde e dun centro de día, dous equipamentos imprescindibles e de crecente necesidade á vista da evolución da pirámide poboacional dos habitantes do termo municipal, cómpre a redacción e aprobación dun plan especial que dea satisfacción á demanda cidadá.

Presentado o Plan especial de infraestruturas (PEI) conforme as prescricións fixadas no artigo 73 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, e vistos os informes xurídicos e técnicos emitidos, a Xunta de Goberno Local acorda:

Primeiro. Aprobar inicialmente o PEI para dous equipamentos públicos no concello do Grove.

Segundo. Someter o referido instrumento de planeamento á información pública por un prazo de dous meses, mediante anuncio que se publicará no DOG e nun dos diarios de maior difusión na provincia. Así mesmo, notificarase individualmente, se é o caso, a todas as persoas titulares catastrais dos terreos afectados.

Terceiro. Requirir o informe preceptivo e as consultas das administracións públicas competentes que correspondan. Estes informes deberán emitirse nun prazo máximo de tres meses, transcorridos os cales se entenderán emitidos con carácter favorable.

O instrumento de planeamento está exposto ao público na Secretaría da corporación, para a súa consulta en horario de atención ao público, de luns a venres.

O Grove, 5 de setembro de 2016

O alcalde
P.S. (Resolución do 1.9.2016)
Emma Torres Romay
Tenente alcalde