Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Mércores, 5 de outubro de 2016 Páx. 45951

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Vigo

ANUNCIO da convocatoria pública de axudas para o desenvolvemento de diagnósticos de innovación comercial no marco do Plan de comercio retallista, financiado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) da Unión Europea e pola Secretaría de Estado de Comercio.

As cámaras oficiais de Comercio, Industria, Servizos e Navegación da Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa, Santiago de Compostela e Tui informan da convocatoria pública de axudas para o desenvolvemento de diagnósticos de innovación comercial no marco do Plan de comercio retallista, financiado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) da Unión Europea e pola Secretaría de Estado de Comercio.

Primeiro. Beneficiarios

Pemes ou empresas autónomas da demarcación territorial das respectivas cámaras de comercio que pertenzan a algunha das epígrafes de actividade do CNAE-2009, grupo 47 ou que estean dadas de alta no IAE nas epígrafes 64, 65 ou 66. Quedan excluídas as farmacias.

Segundo. Obxecto

O obxecto da convocatoria é promover a participación das pemes comerciais da demarcación das cámaras oficiais de Comercio, Industria, Servizos e Navegación da Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa, Santiago de Compostela e Tui na actuación de diagnósticos de innovación comercial do Plan de comercio retallista. Esta actuación ten como obxectivo principal contribuír á mellora da competitividade dos comercios, mediante a realización de diagnósticos individualizados e informe de recomendacións de mellora, co fin de impulsar a adopción, por parte deles de metodoloxías e solucións que permitan mellorar a súa situación competitiva.

Terceiro. Convocatoria

O texto completo desta convocatoria está á disposición das empresas nas sedes das cámaras oficiais de Comercio, Industria, Servizos e Navegación da Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa, Santiago de Compostela e Tui.

Cuarto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo para a presentación de solicitudes ábrese ao día seguinte da publicación deste anuncio e finalizará o día 23 de novembro de 2016 ás 14.00 horas. O modelo de solicitude de participación poderá descargarse a través das páxinas web das respectivas cámaras de comercio:

A Coruña: www.camaracoruna.com

Lugo: www.camaralugo.com

Ourense: www.camaraourense.com

Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa: www.camarapvv.com

Santiago de Compostela: www.camaracompostela.com

Tui: www.camaratui.com

Vigo, 29 de setembro de 2016

Manuel Fernández Pool
Secretario xeral da Cámara Oficial de Comercio, Industria,
Servizos e Navegación de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa