Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Mércores, 5 de outubro de 2016 Páx. 45931

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 20 de setembro de 2016, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, polo que se dá publicidade á modificación do artigo 3 do estatuto da Confraría de Pescadores da Coruña.

Mediante a Resolución do 15 de setembro de 2016, a Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro acordou a ratificación e posterior inscrición no Rexistro de Confrarías e das súas Federacións (tomo II, libro 1-Confraría de Pescadores da Coruña), da modificación do artigo 3 do estatuto da Confraría de Pescadores da Coruña, referente ao seu domicilio social, que queda redactado do seguinte xeito:

«A Confraría ten o seu domicilio social na dársena de Oza, local AR098, da cidade da Coruña, e o cabido poderá acordar o cambio de domicilio dentro do seu ámbito territorial e dará conta á xunta xeral e á consellería competente en materia de pesca».

Santiago de Compostela, 20 de setembro de 2016

Susana Rodríguez Carballo
Directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro