Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Mércores, 5 de outubro de 2016 Páx. 45929

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 15 de setembro de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, pola que se fai pública a formalización do contrato das obras de construción da aula taller na Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira (expediente 12/2016).

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería do Mar.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: obras.

b) Descrición do obxecto: obras de construción da aula taller na Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira, A Coruña.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=26269.

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 93, do 18 de maio de 2016.

e) División por lotes e número: non.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e aberto non suxeito a regulación harmonizada.

4. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 147.994,59 €; IVE (21 %): 31.078,86 €. Total: 179.073,45 €.

Valor estimado: 147.994,59 €.

5. Adxudicación e formalización do contrato:

a) Data da resolución de adxudicación: 26 de agosto de 2016.

b) Adxudicataria: Copcisa, S.A.

c) Importe sen IVE: 103.788,61 €.

IVE (21 %): 21.795,61 €.

Importe total: 125.584,22 €.

d) Data de formalización do contrato: 8 de setembro de 2016.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: resultou ser a oferta economicamente máis vantaxosa, xa que ofertou o prezo máis baixo (único criterio de adxudicación), e cumpre cos requisitos establecidos nos pregos.

Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2016

María Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar