Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Mércores, 5 de outubro de 2016 Páx. 45927

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 15 de setembro de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, pola que se fai pública a formalización do contrato de subministración de doce (12) vehículos, tres lotes, destinados á Subdirección Xeral de Gardacostas de Galicia (expediente 14/2016).

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Mar.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo de subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración de doce (12) vehículos destinados á Subdirección Xeral de Gardacostas de Galicia, tres (3) lotes.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=27171

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 109, do 9 de xuño de 2016.

e) División por lotes e número: si. Lote nº 1: cinco (5) vehículos tipo todo terreo/todo camiño (SUV). Lote nº 2: dous (2) vehículos tipo combi/furgoneta. Lote nº 3: cinco (5) vehículos tipo turismo.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria; aberto non suxeito a regulación harmonizada.

4. Orzamento de licitación.

Importe neto: 143.730,00 €; IVE (21 %): 30.183,30 €; importe total: 173.913,30 €.

Valor estimado: 143.730,00 €.

5. Adxudicación e formalización do contrato.

a) Data de adxudicación dos tres lotes: 9 de agosto de 2016.

b) Adxudicataria dos tres lotes: M. Caeiro, S.A.

c) Importe de adxudicación de cada lote:

Lote 1: importe neto 72.709,30 €; IVE (21 %) 15.268,95 €; importe total: 87.978,25 €.

Lote 2: importe neto 21.883,68 €; IVE (21 %): 4.595,57 €; importe total: 26.479,25 €.

Lote 3: importe neto: 47.560,50 €; IVE (21 %): 9.987,71 €; importe total: 57.548,21 €.

d) Data de formalización do contrato dos tres lotes: 26 de agosto de 2016.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: foi a única oferta presentada á licitación e cumpriu todas as exixencias recollidas nos pregos de cláusulas administrativas e de prescricións técnicas.

Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2016

María Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar