Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Mércores, 5 de outubro de 2016 Páx. 45926

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 21 de setembro de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se fai pública a inscrición do acordo de modificación de estatutos sociais da entidade Ribatrans, S. Coop. Galega.

No artigo 74 da Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, modificada pola Lei 14/2011, do 16 de decembro, e no Decreto 430/2001, do 18 de decembro, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro de Cooperativas de Galicia, no artigo 53, establece a obrigatoriedade de publicar, no Diario Oficial de Galicia, a modificación do artigo 2 dos estatutos sociais (cambio domicilio), da entidade Ribatrans, S. Coop. Galega, acordada na reunión do Consello Reitor do 30 de novembro de 2015, por unanimidade. Consta como novo domicilio social na rúa Marqués de Valterra, 61, entresollado, concello de Pontevedra.

RESOLVO:

Dispoñer a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da modificación do artigo 2 dos estatutos (cambio domicilio social), da entidade Ribatrans, S. Coop. Galega.

Vigo, 21 de setembro de 2016

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra