Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Mércores, 5 de outubro de 2016 Páx. 45923

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 12 de setembro de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa, de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Frades (expediente IN407A 2016/1071-1).

Expediente: IN407A 2016/1071-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: LMT, CT e RBT Bouzamonte.

Concello: Frades.

Características técnicas:

– LMTA a 15 kV, de 1.207 m, condutor tipo LA-56 mm2 Al, con orixe no apoio nº 9 da LMTA existente CES-713 (expediente 50.491) e final no CT proxectado.

– CT Bouzamonte de intemperie, cunha potencia de 100 kVA e unha relación de transformación de 15.000/400-230 V.

Lexislación de aplicación:

– Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE núm. 16, do 19 de xaneiro, e BOE núm. 30, do 4 de febreiro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

– Lei do 16 de decembro de 1954 sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figuran no anexo que se xunta a esta resolución.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións no Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2-2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 12 de setembro de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2016/1071-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: LMT, CT e RBT Bouzamonte.

Concello: Frades.

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados:

Núm. predio

Lugar

Cultivo

Propietario

Afección de solo en pleno dominio

Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica

Apoio núm.

m2

ml aér.

m2 aér.

1

Riba da Raíña

Prado

Arturo Pardo Quintela

9-1

2.0

87.0

849.0

4

Tras do Castro

Monte alto

María Luz Cao Prado

½ 9-3

1.0

40.0

536.0

16

Campo do Pombo

Monte alto e baixo

Hros. Modesto Mata Manteiga e hros. Luis Mata Costoya

38.0

19

Dobuxilde

Monte alto

Ignacio Cao Rey

195.0

21

Sobre Bouzamonte

Labor

Jesús Vázquez Rodríguez

176.0

1718.0

25

Eira de Dentro

Prado

José Gilda Pereira

9-5

2.0

85.0

846.0

Abreviaturas:

ml aér.: metros lineais aéreos.

m2: metros cadrados.