Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Mércores, 5 de outubro de 2016 Páx. 45908

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 9 de setembro de 2016, do Servizo de Mobilidade de Lugo, polo que se notifican as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres, devoltas polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente LU-01430-O-2015 e tres máis).

A persoa titular da Xefatura Territorial de Lugo ditou a resolución do expediente sancionador LU-01430-O-2015 e tres máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanselles as resolucións ditadas ás persoas interesadas.

Son informadas de que os expedientes sancionadores se atopan á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade de Lugo.

Comunicáselles que contra a resolución sancionadora, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada, ante a persoa titular da Dirección Xeral de Mobilidade da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

En caso de conformidade coa resolución sancionadora, a persoa interesada deberá aboar a multa imposta empregando o modelo impreso que se facilitará no Servizo de Mobilidade de Lugo.

No caso de non presentar recurso de alzada e non pagar a sanción imposta, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento segundo o previsto no artigo 97 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lugo, 9 de setembro de 2016

Mª del Pilar Represa Fernández
Xefa do Servizo de Mobilidade de Lugo

ANEXO

Expediente

Matrícula

Persoa sancionada

DNI/CIF

Infracción cometida

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

LU-01430-O-2015

0027-CBM

Dahlia Nerine, S.L.

B66154683

O exceso igual ou superior ao 2,5 por cento e inferior ao 10 por cento sobre a MMA total en vehículos con MMA superior a 12 toneladas. Exceso de peso superior al 2,5 %.

25.8.2015; 8.21; NVI; 543,8

Art. 142.2 LOTT

Art. 143.1.c) LOTT

301 euros

LU-01747-O-2015

B-7234-WW

Forrajes Galicia

B70443684

Non levar a bordo do vehículo a documentación formal que acredite a posibilidade legal de prestar o servizo.

22.8.2015; 11.10; N-634; 658,5

Art. 142.8 LOTT

Art. 143.1.b) LOTT

201 euros

LU-01965-O-2015

8733-FFB

Transportes Urgentes Raca 2, S.L.

B84670132

A falta de consignación da lectura do contaquilómetros nunha folla de rexistro ou documento de impresión dos tempos de condución e descanso, ao final da xornada.

20.11.2015; 11.30; N540; 1,0

Art. 142.4 LOTT

Art. 143.1.c) LOTT

301 euros

LU-01966-O-2015

8733-FFB

Transportes Urgentes Raca 2, S.L.

B84670132

A falta de consignación do lugar de comezo ou do final de utilización nunha folla de rexistro ou documento de impresión dos tempos de condución e descanso.

20.11.2015; 11.30; N540; 1,0

Art. 142.4 LOTT

Art. 143.1.c) LOTT

301 euros