Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Mércores, 5 de outubro de 2016 Páx. 45910

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 9 de setembro de 2016, do Servizo de Mobilidade de Lugo, polo que se notifican os acordos de incoación de expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltos polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente LU-00274-O-2016 e doce máis).

A persoa titular do Servizo de Mobilidade de Lugo acordou a incoación dos expedientes sancionadores número LU-00274-O-2016 e outros doce máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación do acordo de incoación por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse os acordos de incoación ditados ás persoas interesadas.

Infórmaselles que os expedientes sancionadores se atopan á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade de Lugo.

Outorgáselles un prazo de quince (15) días hábiles contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE para alegar o que consideren conveniente, presentando ou propoñendo as probas que consideren oportunas.

No suposto que decida voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta (30) días contados desde o seguinte ao da publicación do presente anuncio no BOE, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte da persoa interesada e a terminación do procedemento sancionador.

Lugo, 9 de setembro de 2016

Mª del Pilar Represa Fernández
Xefa do Servizo de Mobilidade de Lugo

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciado

DNI/CIF

Infracción denunciada

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción proposta

LU-00274-O-2016

1736-GXJ

Abotrans, S.A.L.

A80664089

A carencia, falta de datos esenciais, ocultación ou falta de conservación da documentación de control.

12.1.2016; 19.35.00; A-6; 461,0

Art. 141.17 LOTT

Art. 143.1.d) LOTT

401 euros

LU-01045-O-2016

9155-FHM

Silvia Fernández Santos

52933243P

Non levar a bordo do vehículo a documentación formal que acredite a posibilidade legal de prestar o servizo.

20.4.2016; 17.26.00; A-8; 574,0

Art. 142.8 LOTT

Art. 143.1.b) LOTT

201 euros

LU-01110-O-2016

8685-FVJ

Atrián Supply Chain, S.A.U.

A28543700

A contratación de servizos de transporte por parte de transportistas ou calquera outro profesional do transporte con transportistas ou operadores de transporte non autorizados.

25.5.2016; 08.35.00; LU-530; 3,5

Art. 140.17 LOTT

Art. 143.1.h) LOTT

2.001 euros

LU-01113-O-2016

8685-FVJ

Transnaimadoce, S.L.

B39752100

Atenuante. Realizar transporte público en vehículo lixeiro ao abeiro dunha autorización caducada, revogada ou que por calquera outra causa perdese a súa validez.

25.5.2016; 08.35.00; LU-530; 3,5

Art. 141.25 LOTT Art. 140.1 LOTT

Art. 143.1.k) LOTT Art. 143.1.f) LOTT

801 euros

LU-01115-O-2016

8685-FVJ

Transnaimadoce, S.L.

B39752100

A carencia, falta de datos esenciais, ocultación ou falta de conservación da documentación de control.

25.5.2016; 08.35.00; LU-530; 3,5

Art. 141.17 LOTT

Art. 143.1.d) LOTT

401 euros

LU-01158-O-2016

0027-CBM

Dahlia Nerine, S.L.

B66154683

O exceso igual ou superior ao 10 por cento e inferior ao 20 por cento sobre a MMA total en vehículos con MMA superior a 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 10 %.

25.5.2016; 17.56.00; N-VI; 543,8

Art. 141.2 LOTT

Art. 143.1.f) LOTT

801 euros

LU-01164-O-2016

8685-FVJ

Transnaimadoce, S.L.

B39752100

O exceso igual ou superior ao 25 por cento sobre a MMA total en vehículos con MMA ata 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 35 %.

25.5.2016; 08.35.00; LU-530; 3,5

Art. 140.23 LOTT

Art. 143.1.h) LOTT

4.000 euros

LU-01293-O-2016

9304-FPM

Fernando Navas Aranda

34894475W

O exceso igual ou superior ao 5 por cento e inferior ao 15 por cento sobre a MMA total en vehículos con MMA ata 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 7 %.

16.6.2016; 10.16.00; A-8; 574,0

Art. 142.2 LOTT

Art. 143.1.c) LOTT

325 euros

LU-01313-O-2016

BI-2516-CP

Maquinaria Agrícola JM Varela, S.L.

B15780174

Atenuante. Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro, carecendo de título habilitante.

5.5.2016; 08.18.00; N-VI; 543,8

Art. 141.25 en relación co

art. 140.1 LOTT

Art. 143.1.k) LOTT Art. 143.1.f) LOTT

801 euros

LU-01373-O-2016

5268-CRJ

José Antonio Soto Pardo

33308306M

Realizar o transporte de mercadorías perecedeoras sen levar no vehículo as marcas de identificación e indicacións regulamentarias ou levalas en lugares distintos aos establecidos.

21.6.2016; 09.10.00; N-642; 34,5

Art. 142.16 LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

100 euros

LU-01382-O-2016

6062-JFN

Agritesem, S.L.

B11916814

Diminución do descanso diario, en condución en equipo (sobre 9 horas nun período de 30 horas). Igual ou superior a 8 horas e inferior a 9 horas.

7.6.2016; 12.55.00; A-6; 535,0

Art. 142.17 LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

100 euros

LU-01383-O-2016

6062-JFN

Agritesem, S.L.

B11916814

Diminución do descanso diario, en condución en equipo (sobre 9 horas nun período de 30 horas). Igual ou superior a 8 horas e inferior a 9 horas.

7.6.2016; 12.55.00; A-6; 535,0

Art. 142.17 LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

100 euros

LU-01384-O-2016

6062-JFN

Agritesem, S.L.

B11916814

Diminución do descanso diario reducido en máis de 1 hora (sobre 9 horas). Igual ou superior a 7 horas e inferior a 8 horas.

7.6.2016; 12.55.00; A-6; 535,0

Art. 141.24.4 LOTT

Art. 143.1.d) LOTT

401 euros