Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Mércores, 5 de outubro de 2016 Páx. 45913

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 5 de setembro de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Salceda de Caselas (expediente IN407A 2016/524-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Electra Alto Miño, S.A.

Domicilio social: polígono industrial Chan da Ponte, parc. 19, 36450 Salvaterra de Miño.

Denominación: LMTS ao CT Esfarrapada-3.

Situación: Salceda de Caselas.

Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV con condutor RHZ1 de 55 metros de lonxitude, con orixe no centro de transformación Edificio Sestelo e final no local do centro de transformación Edificio Esfarrapada-3. A instalación está situada na rúa Brasil, Salceda de Caselas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Ed. Administrativo, avda. Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 5 de setembro de 2016

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra