Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Venres, 30 de setembro de 2016 Páx. 45319

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable

RESOLUCIÓN do 23 de setembro de 2016 pola que se anuncia a contratación do contrato mixto para a subministración dun sistema de dixitalización certificada de documentos para a implantación do expediente tributario electrónico (Facenda dixital), cofinanciado con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020, mediante tramitación documentalmente simplificada e suxeita a regulación harmonizada.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable, Cixtec.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Xestión Económica e Réxime Interno do Cixtec.

c) Obtención da documentación e información:

1º. Dependencia: Cixtec.

2º. Enderezo: r/ Domingo Fontán, 9.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15702.

4º. Teléfono: 981 54 13 37.

5º. Telefax: 981 54 12 70.

6º. Enderezo electrónico: contratacion.rexistro@cixtec.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.cixtec.es

8º. Data límite de obtención da documentación e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: 2016-051.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: mixto.

b) Descrición do obxecto: contrato mixto para a subministración dun sistema de dixitalización certificada de documentos para a implantación do expediente tributario electrónico (Facenda dixital), cofinanciado con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020, mediante tramitación documentalmente simplificada e suxeita a regulación harmonizada.

c) Lugar de execución: nas dependencias indicadas polo Cixtec.

d) Prazo de execución: dezaseis (16) meses desde a sinatura do contrato.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV: 48000000-8.

3. Requisitos mínimos de solvencia.

a) Solvencia económica e financeira.

Medio: declaración sobre o volume de negocios da empresa, no ámbito de actividades correspondentes ao obxecto deste contrato, referido como máximo aos tres últimos exercicios dispoñibles, en función da data de creación ou inicio das actividades dos empresarios, na medida en que se dispoña das referencias do citado volume de negocios.

Criterio: considérase solvente o licitador que acredite nun dos tres últimos exercicios que supera a contía de 651.937,50 € de volume de negocios, IVE non incluído. No caso de empresas cuxo período de actividade non abrangue os tres últimos exercicios, é necesario presentar a cifra de negocios do período de actividades da empresa, que deberá ser superior en todo caso á contía referida anteriormente, por ano ou fracción de ano acreditado.

O volume anual de negocios do licitador ou candidato acreditarase por medio das súas contas anuais aprobadas e depositadas no Rexistro Mercantil, se o empresario estiver inscrito no dito rexistro, e, no caso contrario, polas depositadas no rexistro oficial en que deba estar inscrito. Os empresarios individuais non inscritos no Rexistro Mercantil acreditarán o seu volume de negocios mediante o seus libros de inventarios e contas anuais legalizados polo Rexistro Mercantil.

b) Solvencia técnica ou profesional.

Medio: relación das principais subministracións similares ao obxecto deste prego, realizadas nos últimos cinco anos, que inclúa importe, datas e o destinatario, sexa público ou privado, de elas.

Criterio: considérase solvente o licitador que acredite nos últimos cinco anos a realización de subministracións similares ao obxecto deste prego, cuxo importe anual acumulado no ano de maior execución sexa igual ou superior ao 70 % do valor estimado do contrato, IVE non incluído.

Estimarase solvente o licitador que acredite a realización de subministracións por un importe de 405.650,00, IVE non incluído.

As subministracións efectuadas acreditaranse da seguinte forma:

– Cando o destinatario sexa unha entidade do sector público: mediante certificados expedidos ou visados polo órgano competente.

– Cando o destinatario sexa un suxeito privado: mediante un certificado expedido por este ou mediante unha declaración do empresario.

Para os efectos de determinar a correspondencia entre as subministracións acreditadas e o que constitúe o obxecto do contrato, atenderase a coincidencia entre os dous primeiros díxitos do código CPV desta contratación.

4. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: pluralidade de criterios.

d) Criterios de adxudicación: os estipulados no prego de cláusulas administrativas particulares.

5. Financiamento.

Esta contratación cofinánciase co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, obxectivo temático 2, prioridade de investimento 2.3. Reforzo das aplicacións TIC para a Administración electrónica, a aprendizaxe electrónica, a inclusión electrónica, a cultura electrónica e a sanidade electrónica; obxectivo 2.3.2, Reforzar o e-goberno, e-cultura e a confianza no ámbito dixital, nun 20 % con cargo a Fondos propios, á aplicación orzamentaria 06-A1-611A.626.0 do Cixtec.

6. Valor estimado do contrato.

Importe: 579.500,00 euros.

7. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: 579.500,00 euros. Importe total: 701.195,00 euros, distribuído nas seguintes anualidades:

Exercicio 2016: 574.750,50 €.

Exercicio 2017: 99.825,50 €.

Exercicio 2018: 26.620,00 €.

8. Garantías exixidas.

Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.

9. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se exixe.

b) Concreción dos criterios de solvencia: véxase a folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación de ofertas:

1º. Ofertas presentadas a través do Sistema de licitación electrónica da Xunta de Galicia (Silex): o prazo de presentación rematará ás 14.00 horas do día 17 de outubro de 2016.

2º. Ofertas presentadas en sobre pechado: o prazo de presentación rematará ás 14.00 horas do día 17 de outubro de 2016.

b) Modalidade de presentación: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º. Documentación presentada a través do Sistema de licitación electrónica da Xunta de Galicia (Silex). Enderezo electrónico: www.conselleriadefacenda.es/silex

2º. Documentación presentada en sobre pechado:

Dependencia: Rexistro Xeral do Cixtec.

Enderezo: r/ Domingo Fontán, nº 9.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15702.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses.

11. Apertura das ofertas.

a) Descrición:

A data e hora das mesas de apertura de criterios cuantificables mediante xuízo de valor e de criterios avaliables de forma automática por aplicación de fórmulas serán publicadas oportunamente no perfil de contratante e comunicaránselles aos licitadores.

b) Enderezo: r/ Domingo Fontán, nº 9.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

12. Gastos de anuncios: os gastos de anuncios serán por conta do adxudicatario, de acordo co estipulado no prego de cláusulas administrativas particulares.

13. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 23 de setembro de 2016.

Santiago de Compostela, 23 de setembro de 2016

M. Mauro Fernández Dabouza
Director xeral do Centro Informático para a Xestión Tributaria,
Económico-Financeira e Contable