Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Venres, 30 de setembro de 2016 Páx. 45317

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Emerxencias

RESOLUCIÓN do 15 de setembro de 2016 pola que se fai pública a formalización da contratación para a adquisición de pértegas telescópicas para a loita e control da avespa asiática ou avespa velutina, cofinanciada nun 80 % polo Feder no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, obxectivo temático 05, prioridade de investimento 05.02, obxectivo específico 05.02.01, liña de actuación 40: dotación de equipamento, instalacións e infraestruturas de protección civil destinadas á prevención e xestión de riscos derivados de catástrofes naturais e fenómenos relacionados co clima.

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención de información:

a) Organismo: Axencia Galega de Emerxencias.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=30765

Tamén se terá acceso ao perfil do contratante a través da páxina web:

http://www.axega112.org

d) Número de expediente: AXGE.15.SU.084.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: subministración de 21 pértegas telescópicas para a loita e control da avespa velutina, destinadas aos servizos municipais e supramunicipais de emerxencias e protección civil.

c) División por lotes e número: non.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 35113000-9.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: documentalmente simplificada e ordinaria.

b) Procedemento: aberto, atendendo a varios criterios de adxudicación.

4. Orzamento base de licitación: importe neto: 26.730,58 €; importe total: 32.344,00 €.

5. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 26 de xullo de 2016.

b) Data de formalización: 27 de xullo de 2016.

c) Adxudicataria: Talleres Zelaieta, S.L.

d) Importe de adxudicación: importe neto: 24.859,44 €; importe total: 30.079,92 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: economicamente máis vantaxosa.

Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2016

Juan José Muñoz Iglesias
Xerente da Axencia Galega de Emerxencias